Cen anos de revolución proletaria.
Este 7 de novembro celebramos con xúbilo o centenario da Gran Revolución
Socialista de Outubro.
Os disparos do cruceiro Aurora foron un raio de esperanza para as masas
oprimidas, non so de Rusia, senón tamén do mundo, cambiando definitivamente a
historia, abrindo definitivamente a nova era da Revolución Proletaria Mundial.
En palabras do Presidente Mao: “As salvas dos canóns da
Revolución de Outubro trouxeran o marxismo-leninismo até a China. Entón a
Revolución chinesa gañou unha nova fisionomía. (...). “Os fusís dos
bolcheviques criaran o socialismo na Rusia”.
Lenin e os seus camaradas do partido Bolchevique realizaron no imperio
zarista o soño de Marx e Engels, instaurando o primeiro Estado da Ditadura do
Proletariado, nun país atrasado e semifeudal, de inmensas dimensións e berce de
múltiples pobos. Os bolcheviques guiados polo grande Lenin e os seus camaradas
de armas, coa actuación decisiva das masas proletarias, campesiñas, mariñeiros
revolucionarios e a garda vermella desaloxaron definitivamente ao goberno
provisional burgués de Kerenski, proclamando a República soviética e nomeando
un goberno de Comisarios do Pobo presidido polo camarada Lenin.
Non foi unha tarefa sinxela nin pacifica. Foi sanguenta e dolorosa como son
as revolucións, como ben sinalaron o camarada Lenin e o Presidente Mao. A
intervención das potencias imperialistas unidas contra a nova República
soviética, en apoio dos gardas brancos de Denikin e do almirante zarista
Kolchak, deu orixe a unha guerra civil que non será definitivamente gañada ata
1921.
A vitoria do exército vermello, guiado por heroicos xefes como Frunze,
Budionni, ou comisarios como Chapaeiv ou Furmanov esmagaron ás forzas
contra-revolucionarias, co apoio das masas obreiras e campesiñas, en torno á
firme liña trazada por Lenin da alianza obreiro-campesiña do goberno dos
Comisarios do Pobo. Sen ese apoio das masas nada se houbera conseguido.
A mesma Ditadura do Proletariado que baixo a xusta dirección do camarada
Stalin logrou, grazas á economía planificada socialista, converter o vasto
territorio soviético, nunha superpotencia capaz de enfrontar a agresión da
primeira potencia imperialista mundial, a Alemaña nazi, en xullo de 1941.
A URSS, berce e sede tamén da Internacional Comunista (IC) fundada por
Lenin que expandiu por todo o mundo o marxismo-leninismo e impulsou a creación
dos partidos comunistas.
A Gran Revolución Socialista de Outubro, é patrimonio de toda a humanidade
oprimida e en particular dos auténticos comunistas que hoxe enarboran as tres
bandeiras vermellas do M-L-M. e da guerra popular.
Nos hoxe, mulleres e homes de Galiza, comunistas, traballamos para a
construción do Partido Comunista-maoísta de Galiza seguindo a senda luminosa da
Gran Revolución Socialista de Outubro, estudando e aplicando o mlm ás
condicións concretas da nosa sociedade, á vez que activamente traballamos a
fronte internacionalista da solidariedade e apoio ás guerras populares,
vangarda da Revolución Proletaria Mundial, que se desenvolven na actualidade en
diversos países do mundo, Perú, Filipinas, Turquía e en particular na India,
onde o Partido Comunista de la India (maoísta) e o EGPL libran unha guerra
popular prolongada que este ano cumpriu 50 anos dende o seu inicio en
Naxalbari.
Estes cen anos da historia da Revolución Proletaria Mundial están cheos de
avances e retrocesos e de múltiples contradicións que levaron a definir unha nova
etapa no pensamento proletario; o maoísmo, que sinalou a liña xeral para
combater a restauración revisionista, as súas causas e a necesidade de
continuar ata o fin a Revolución baixo as condicións da Ditadura do
Proletariado, con Revolucións Culturais, tomando como chave, como sinalara o
Presidente Mao, a loita de clases e a loita de dúas liñas.
Estas e outras valiosas ensinanzas foron aplicadas de forma creativa ás
condicións de cada país por inesquecibles camaradas como Charu Mazumdar na
India, Ibrahim Karpakaya en Turquía, o camarada JM Sisón nas Filipinas, o
camarada Pol Pot en Kampuchea e máis recentemente polo Presidente Gonzalo no
Perú. Desenvolvendo guerras populares e armando ás masas para a súa liberación
erguendo unha nova onda de revolucións guiadas polo proletariado
revolucionario.
Onda revolucionaria que baixo as vermellas bandeiras da Comuna de París, a
Gran Revolución Socialista de Outubro, a Revolución de Nova Democracia na
China, a Gran Revolución Cultural Proletaria, a Guerra Popular no Perú e en
Naxalbari prosegue en Guerra Popular ata o comunismo.
¡Viva a Grande Revolución Socialista de Outubro, luminoso camiño de liberación dos oprimidos do mundo!
Galiza 7 de novembro do 2017
Comité de Construcion do Partido Comunista-maoísta da Galiza.
No comments:
Post a Comment