Ao pobo traballador galego
Compañeiros e compañeiras:
O Comité de Construción do PC maoísta da Galiza que é unha organización política, con unha ideoloxía científica inequívoca: o marxismo-leninismo-maoísmo, unha liña política e un programa político que conducirá ao establecemento da verdadeira democracia para o pobo do noso país, neste dia da Patria, fai un chamado ao pobo traballador galego a unidade e a creación dunha verdadeira Fronte única Revolucionaria e non o canto de sereas dos partidos pequeno- burgueses nacionalistas que agora falan de unidade. Os mesmo reformistas da falsa oposición parlamentaria BNG e AGE (A Nova+EU) que lonxe de provocar a caída do goberno do PP, retirándose do Parlamento, deron cobertura a ignominia dun goberno autonómico dirixido por narcos e corruptos.
O pobo traballador galego precisa dunha poderosa forza de loita, de novo tipo, para combater e derrotar ao Estado Burgués e aos seus lacaios da Xunta. Só facéndoo así podemos avanzar para poñer fin ao vello Estado opresor español e aos traidores da nosa terra e conseguir unha auténtica Revolucion Socialista e a verdadeira liberdade e tamén salvar a nosa mocidade – o tesouro máis valioso para o futuro do noso país.
Así mesmo chamamos a loita activa contra os explotadores, traidores e lacaios dos imperialistas que baixo o traxe da caduca democracia parlamentaria, queren vender o noso pais a prezo de saldo.
Abaixo ó goberno reaccionario da Xunta e do Estado !
Fora os lacaios, explotadores e traidores da nosa Terra!
A rebelión xustificase!
Viva Galiza libre e Comunista!
Viva o marxismo-leninismo-maoísmo!
Viva o Internacionalismo Proletario!
Galiza, 25 xullo do 2013
Comité de Construción do PC maoísta da Galiza
No comments:
Post a Comment