Galiza: Comunicado, Fortalecernos na loita !
Compañeiros e compañeiras:
Esta nova folga xeral enfronta a clase obreira e demais clases traballadoras no Estado español có capital monopolista e financieiro que comanda a UE, o FMI e BM.
Esta "toika" reaccionaria quere impoñer un "recorte" dos dereitos dos traballadores e traballadoras que representa a volta a condicions do seculo XIX.
O estamos a ver na Gracia ou en Portugal que as medidas da siniestra troika só traen miseria e explotación para as masas populares.
A Clase obreira carece de Partido propio, independente e de novo tipo e hai moitos pequeno- burgueses reformistas e revisionistas que trafican có seu nome.
É a realidade, da que partimos, e por esto temos que traballar por erguer a bandeira vermella dunha liña revolucionaria no noso pais en torno a cal, xuntar aos millores homes e mulleres de noso pobo.
A construcción do partido proletario na Galiza pasa polo deslinde coa burguesia e suas ideas, mesmo radicais, asumindo a ideoloxia revolucionaria do proletariado; o Marxismo-Leninismo-Maoísmo. Na construción dos tres instrumentos concentricos, o partido o exercito popular e a frente unica. Adaptando a realidade nosa realidade o caracter universal do M-L-M.
Esto é o que temos que facer !
Parte de este traballo é permanecer xunto as masas en loitas coma esta folga xeral, que fortalecen-nos para un novo nivel de traballo. Permanecer xunto as masas explicando cal é a maneira de rematar coa explotación capitalista na Galiza e no mundo.
O Comité de Loita Popular "Manolo Bello" chama a participación activa e decidida na folga xeral na Galiza, nas fabricas, nos comercios, na sanidade e nas manifestacions do sindicalsimo de clase galego.
Adiante coa loita obreira e popular !
Marzo do 2012
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Galiza: Comunicado da plataforma A Coruña en Loita.
Todos e todas á folga xeral o 29 de marzo !
Compañeiros e compañeiras:
Desde a plataforma A Coruña en Loita facemos un enérxico chamado á folga xeral do próximo día 29 de marzo.
É moito o que se xoga a clase obreira e o pobo nesta folga pois nos enfrontamos ás medidas coas que a burguesía que pretende levar as condicións de traballo ao século XIX, deixando aos traballadores sen dereitos fronte á ditadura patronal.
Non llo imos permitir !
Pero non nos enganemos, isto é só o comezo da batalla, temos que ter como obxectivo traballar, nunha movilización sostida, por unha folga xeral indefinida en Galiza, no Estado español, en Europa... que permita derrocar a ditadura dos especuladores e dos explotadores.
Unha folga xeral indefinida que esmague os escuros soños da troika Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional e os soños imperiales da UE de Merkel e Sarkosy.
Non hai nada que negociar co goberno, como afirman alguns !
Esiximos a retirada integral do Decreto de Reforma Laboral !
Hoxe máis que nunca o mundo ten que cambiar de base e de rumbo e somos os traballadores e traballadoras, os parados, os pensionistas todos unidos osque temos que ser os protagonistas deste cambio, tomado as rúas, as prazas e paralizando toda a produción para poñer fin a este réxime de
opresión que chaman democracia e non o é.
A coordinadora A Coruña en Loita é unha plataforma plural, de unidade e polo mesmo chama a participar activamente nas diversas manifestacións que están convocadas na Coruña e comarca.
Compañeiras e compañeiros:
Pola nosa dignidade, polo futuro dos nosos fillos e fillas, polo noso pobo; a loitar!
27 de marzo do 2012
Plataforma A Coruña en Loita
No comments:
Post a Comment