Sunday, April 8, 2012

from Galiza - Comunicado conxunto de condena a matanza de traballadores no Perú.

Comunicado conxunto de condena a matanza de traballadores no Perú.




Comunicado conxunto.

Ante as noticias da brutal represión contra os mineiros en folga en Porto Maldonado e outros puntos do Perú e que causou a morte a tres traballadores, decenas de feridos e detidos.
Manifestamos:
  1. A nosa total condena e denuncia da criminal actuación das forzas policiais do vello Estado peruano, lacayo das multinacionais mineiras, que pretende afogar en sangue as xustas demanda destes traballadores.
  2. A nosa dor e indignación e solidadario respaldo ás masas populares que en Perú manteñen no alto a bandeira vermella da loita de clases e a defensa dos intereses da Clase.
  3. O noso total apoio aos camaradas do PCP que en difíciles condicións manteñen a Guerra Popular iniciada en 1980, que é a guerra das masas armadas e desarmadas.
  4. Que saiban os genocidas, que mais cedo que tarde, terán que dar conta ante o pobo dos seus execrables crimes e non haberá perdón para os esbirros e vende-patrias.
 ¡ Viva a xusta loita dos mineiros e o pobo ! ¡ Castigo para os asasinos !

Galiza,  15 marzo do 2012

Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Correo vermello-noticias
Comité galego de apoio a guerra popular na India.

No comments:

Post a Comment