Tuesday, October 3, 2017

GALIZA: Chamado do PC-maoísta da Galiza a preparar a Folga Xeral Revolucionaria.






Ao pobo traballador galego:
O goberno corrupto e represor do P.P. coa complicidade doutros partidos, os social-traidores do PSOE e os "legalistas" de IU e Podemos, esta a preparar a intervención da Autonomía de Catalunya, co artigo 155, para tratar de atallar a proclamación polo Parlament da República de Catalunya.
Coas imaxes da represión da consulta do 1º  de outubro diante de nos, do pobo galego e demais pobos que fan parte na actualidade do Estado español (caduco e agonizante réxime monarco-fascista imposto no ano 1978 nuha parodia de democracia) podemos afirmar que só a defensa activa a todos os niveis dos Dereitos do Pobo, esto é a ofensiva das masas traballadoras, pode esmagar os negros sonos da oligarquía fascista e dos seus aliados de perpetuar este odioso réxime opresor herdeiro directo do fascismo.
Agora mesmo non teñen capacidade para reprimir a xusta indignación das masas de traballadores e traballadoras dos diversos pobos sen estado e demais pobos do EE fronte a súa xeira represora e ditatorial.  
É o momento de pasar a ofensiva !
Ainda que sabemos da carencia de organizacións proletarias fortes e consolidadas, confiamos plenamente nas masas de obreiros, campesiños, estudantes e intelectuais progresistas, homes e mulleres que estarán a altura dos históricos acontecementos que estamos a vivir.
Polo mesmo facemos un enerxico chamado a paralización total das actividades económicas e sociais na Galiza e no resto do Estado español, nunha grande Folga Xeral e amosar nas rúas a defensa dos nosos dereitos como clase e como pobo.
 Pola Folga Xeral Revolucionaria contra a ditadura corrupta dos fascistas e da oligarquía!
Abaixo a monarquía Borbón-franquista!
Viva a Republica Popular da Galiza!
Viva a República popular de Catalunya!
Guerra Popular ata o Comunismo !
Galiza, 02.10.17
Comité de Construción do PC-maoísta da Galiza.

No comments:

Post a Comment