Durante o día de onte, 27 de xaneiro, nove militantes internacionalistas
foron detidos no Estado español por, alegadamente, faceren parte da
estrutura militar do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), que a
Unión Europea e a propia España decidiron incluír nunha lista de
«organizacións terroristas» en 2001, na secuencia da famosa e
demostradamente perversa “guerra contra o terror”. Desde Mar de Lumes,
como organización galega de solidariedade internacionalista — canda
outras organizacións irmás de todo o mundo — vimos denunciando esta
lista, os fundamentos ideolóxicos sobre os que asenta e as detencións e
xuízos políticos que derivan da súa mesma existencia. Mais queremos,
nesta ocasión, facer algunha breve reflexión ao caso.
Primeiro: mesmo asumindo o disparate de considerar o PKK unha organización terrorista, as persoas detidas nesta operación están acusadas formalmente de se integraren nas YPG, as milicias curdas que están a loitar contra o Daesh na Rojava, isto é, en territorio estatal sirio. É a campaña mediática que sempre vén parella a este tipo de accións represivas a que está a confundir deliberadamente o PKK coas YPG. De modo que España, a través do seu tribunal político non só está a criminalizar a solidariedade internacionalista coas organizacións que de facto están a conseguir importantes avanzos militares — por certo, recoñecidos por Rusia, os Estados Unidos e a propia UE — contra o autoproclamado Estado Islámico, unha das peores ameazas para a paz e a vida no Oriente Medio. Ademais, teima en seguir unha doutrina xudicial simplista e ridícula que se basea en considerar que todo o que teña a ver co Curdistán ten a ver consecuentemente co PKK. Esta “teoría da contorna”, que España xa aplicou sen reparos en Euskal Herria e en Galiza para ilegalizar organizacións incómodas para os seus intereses de Estado, e que foi denunciada por innúmeras organizacións internacionais de dereitos humanos, gaña agora unha nova e perigosa dimensión internacional.
En segundo lugar: España está a colocarse, na práctica, na mesma trincheira que Turquía, un dos principais promotores da doutrina da contorna aplicada ao caso curdo, mais tamén un dos aparatos estatais que non dubidou en amañar as últimas eleccións, e tamén as anteriores (segundo fixo pública a OSCE, entre outras) para impedir a entrada do pró-curdo Partido Democrático dos Povos (HDP) no parlamento turco, que tenta ilegalizar esta nova ferramenta electoral, e que está, segundo todos os indicios, por tras de accións de terrorismo de Estado como o atentado á bomba contra a manifestación pola vida de Ancara en outubro pasado, con case un centenar de vítimas mortais e mais de 240 persoas feridas. A elección española dos seus aliados non é unha cuestión menor, especialmente se se considera que entre eses aliados figuran tamén reximes como o de Arabia Saudita, os Emiratos Árabes Unidos, Catar, e outros financiadores demostrados do propio Daesh.
Por último, a detención destes nove militantes e a acusación de integraren un pretendido aparato militar (dentro do Estado español, enténdese) do PKK ten outra lectura en clave estatal. Revela, de feito, a fraca saúde das liberdades civís no conxunto do Estado español, en particular a liberdade de pensamento e a liberdade de asociación. España, que decidiu servirse da ilegalización de formacións políticas para tentar paralisar o independentismo en Eukal Herria ou en Galiza, confirma con esta última acción represiva que non está disposta a cambiar de métodos, e que a criminalización da disidencia democrática, da mobilización social ou da práctica do internacionalismo vai continuar a ser o seu modus operandi habitual.
Por todo isto, desde Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista só podemos expresar o noso rexeitamento a estes métodos represivos e criminalizadores, e, de novo, facer explícita a nosa solidariedade co povo curdo e coa súa loita contra a desaparición.

No comments:
Post a Comment