Wednesday, August 26, 2015

GALIZA: Concentración na Coruña diante das oficiñas do Consulado Turco.




correovermello-noticias
A Coruña, 25.08.15
Hoxe, unha treintena de persoas, concentraronse diante do Consulado honorario de Turquia, nesta cidade galega, para protestar contra a represión xenocida do Estado fascista turco no Kurdistan.
Na centrica Avda. de Linares Rivas, donde atopanse as oficiñas no despacho de avogados P&P, foron chegando persoas dispostas a amosar súa solidariedade có pobo kurdo e seu rexeitamento contra a represión xenocida contra o mesmo, por parte do Estado fascista turco.
Os asistentes corearon consignas; Galiza / Kurdistan, Solidariedade ! Non ao xenocidio do Pobo Kurdo ! Estado turco fascista e asasino ! e mostraron cartazes de denuncia e imaxes da guerrilleira asesinada Ekin Wan.
Ao remate da concentración foi plantexada a idea de constituir un Comité de Solidariedade para levar adiante as tarefas de apoio a esta xusta loita.

No comments:

Post a Comment