"Estamos preocupados polos niveis alarmantes de propagación e polos niveis alarmantes de inacción", di o portavoz do organismo
A Organización Mundial da Saúde (OMS) informou este mércores que o coronavirus causante do Covid-19 xa pode definirse como unha “pandemia”, despois de que se multiplicara por 13 o número de casos afectados fóra de China en dúas semanas, ademais de multiplicarse por 13 o número de países afectados.
“A OMS estima que o Covid-19 pode ser caracterizado como unha pandemia”, asegurou o director xeral da organización, Tedros Adhanom Ghebreyesus. “Podemos esperar que aumente o número de casos, de decesos e de países afectados” nos próximos días e semanas, agregou. Este luns, Tedros xa recoñeceu que “a ameaza era moi real”, despois de que o número de casos de Covid-19 superase os 100.000 contagios en máis dun centenar de países.
“É preocupante que tantos países estivesen afectados tan rapidamente; o número de casos amosa que a ameaza de pandemia é moi real, pero esta podería ser a primeira pandemia na historia que sexamos capaces de controlar”, sinalaba en rolda de prensa.
A OMS declarou a súa última pandemia global en 2009, coa gripe A. “Non nos preocupa a palabra, pero si a reacción que provoque: queremos que esta sexa a de seguir loitando, non a de abandonar”, afirmaba respecto diso o director executivo da OMS para Emerxencias Sanitarias, Mike Ryan.

No comments:
Post a Comment