Comunicado
Apoiar a loita dos mineiros do carbón !
A loita dos traballadores, traballadoras e as súas familias nas concas da mineiria do carbón ten ultra-pasado os limites que as cúpulas reformistas tiñan previsto. O espírito da revolución do 1934 erguese como unha poderosa bandeira Vermella animando na loita contra os corpos represivos da Garda Civil o a Policía Nacional.
Os intentos de ocupación dos pobos foron rexeitados en duras batallas na que as forzas de seguridade do réxime burgués tiveron que retroceder diante a valentía e a organización dos mineiros e mineiras.
As direccións reformistas e vende-obreiros de UGT e CC.OO. están a ser desbordas pola loita dos mineiros en defensa dos seus postos de traballo e a intransixencia dun goberno reaccionario e anti-popular de Rajoy. Agora mesmo diversas columnas mineiras avanzan sobre Madrid, no que se califica como derradeiro intento de solución pacifica. Miles de mostras de solidariedade e cariño están a recibir ao longo das rutas da marcha.
Na Galiza, a forza sindical maioritaria garda un silencio incomprensible diante desta xusta loita. Fraco favor, para a clase obreira galega fan actitudes coma esa, cando é o internacionalismo o que une a nosa clase.
Aínda que na actualidade as direccións amárelas parecen ter a dirección do movemento a realidade é que van ao remolque das decisións das asembleas de traballadores e mesmo de vilas. Isto hai que saber velo!
O Comité de Loita Popular “Manolo Bello” apoia decididamente a loita das traballadoras e traballadores das concas da mineiria do carbón e a seus sectores mais avanzados, aínda que sexamos conscientes dos perigos dos combustibles fósiles, neste momento é central a loita de clases. Loita que dáse cando o Capitalismo Imperialista precipitase ao seu fin.
Solidariedade activa coa loita dos mineiros !
Adiante no camiño da Revolución Socialista!
Galiza, xuño 2012
Comité de Loita Popular “Manolo Bello”
No comments:
Post a Comment