.
“Para chegar à libertaçâo completa,
os povos oprimidos devem apoiar-se em
primeiro lugar na sua própria luta, e só despois na ajuda internacional. Os
povos cujas revoluçôes ja triunfaran deben ajudar aos que ainda lutan pola sua
liberaçâo. Esse é nosso deber internacionalista.”
Mao Tse-tung (1963)
Ao Pobo
galego:
No día da
Patria Galega o Comité de Construcción do Partido Comunista maoísta de Galiza quere no
primeiro lugar saudar as masas do pobo traballador galego e
rendir un sentido homenaxe a toda-las e todo-los os héroes que teñen dado sua
vida pola clase obreira e o pobo traballador.
Estamos a
viver unha situación de permanente agresión da burguesía contra os dereitos,
mesmo democráticos, dos traballadores e traballadoras.A burguesía financieira, fracción especuladora e parasitaria que a nivel internacional impon, a gobernos monicreques como o do Estado español, seus dictados profundamente lesivos para a clase obreira e o pobo traballador.
Na Galiza o proletariado carece dun partido de novo tipo, un partido diferente a todo-los da burguesía e seu sistema capitalista de explotación.
A construcción do mesmo é tarefa central para que no marco de Revolución Socialista fagamos realidade a proclamación dunha Republica Socialista na Galiza que en pé de igualdade cos demáis pobos da península Iberica decida seu destino.
A
construcción do partido do proletariado, armado coa ideoloxia revolucionaria do
marxismo-leninismo-maoísmo é o único garante de avantar na revolución que poña
fin á opresión de clase e nacional.
Partido que
aplique dun xeito creativo a ideoloxía proletaria as condicións concretas da
revolución na Galiza.
O vello
Estado español, a monarquía heredeira do franquismo e mesmo suas Autonomías
carecen de toda lexitimidade para decider noso destino.
Os vellos
partidos políticos do sistema, incluso dos da chamada “esquerda,” non son,
nunca o foron, instrumentos ao servizo do pobo, como moito teñen a función de maquillar
e lexitimar o vello Estado.
Que ninguen
se engane! Os cantos se sereas ou as
balas almibaradas da burguesía non poden mercar ou ferir ao
millores fillos do pobo galego.
Coma suliñou
o camarada Mao Tse-tung temos que desechar as ilusions e prepararnos para
loitar. Esto non
significa abandoar os noso ideais, significa que temos que loitar por eles desechando o podre camiño
burgues.
Viva o Dia
da Patria Galega!
Viva o
Proletariado galego parte indivisible do proletariado internacional!
Viva a
Revolución Proletaria Mundial!
Outro mundo
é posible se facemos a Revolución Socialista!
Abaixo o
vello Estado español e todo-los explotadores!
Galiza, Día
da Patria Galega 2012
Partido Comunista maoísta da Galiza.
No comments:
Post a Comment