Un artigo del compañeiro Adolfo Naya en Praza Pública
A danza do xenocidio na India.
Adolfo Naya*
Ver militares e policías indios bailando e celebrando a matanza de 39 maoístas -todas e todos pertencentes a comunidades Adivasis-, ao ritmo da popular canción Haryanvi de Sapna Choudhary, amosa como parte da humanidade está chegando a niveis de dexeneración tal que, se non cambiamos este mundo, estamos abocados á definitiva barbarie, como xa dixera Rosa Luxemburgo.
Mentres o río se tinguía de vermello polo sangue de máis de 15 corpos que flotaban nel, lembrando aqueles tempos das ditaduras chilena e arxentina, os militares, embriagados de poder, bailaban a danza macabra do xenocidio contra o seu pobo. Un pobo que está disposto a loitar e morrer para defender a súa terra, os seus bosques e os seus recursos naturais contra o imperialismo e o capitalismo burocrático, e que non está disposto a vivir de xeonllos. Pero esta danza é a verdadeira cara do Goberno indio, un goberno xenocida que celebra bailando a morte do seu pobo.
Segundo informan organizacións de dereitos humanos, o 22 de abril 64 policías dos comandos C-60 e paramilitares dispararon con morteiros contra 16 maoístas na xungla de Karnasur, na área de Bhamragod, no este de Maharashtra. O 23 de abril, os comandos de policía mataron outros 6 maoístas na selva de Rajaram Khandla, na zona de Jimalgatta do distrito de Gadchiroli. Posteriormente, o 24 de abril, a policía atopou máis de 15 corpos de supostos maoístas no río Indravati. Destas 39 persoas mortas, 20 son mulleres.
O Goberno indio mantén unha guerra contra o seu pobo a través dunha estratexia clásica de contrainsurxencia denominada “Corazóns e Mentes” (Gerald Templer, 1951), e que na India é denominada Operación “Caceria Verde”. Unha das tácticas máis comúns practicadas nesta estratexia de contrainsurxencia son os “falsos encontros”. Asasinatos de militantes, líderes sociais, activistas ou poboación civil, onde se teatraliza por parte das forzas armadas ou bandas paramilitares un enfrontamento armado -como sucedeu os días 22 e 23 de abril-; ou mesmo disfrazando á vítima co uniforme da guerrilla e e colocando unha arma ao seu carón, para deste xeito lexitimar a súa morte como un acto de defensa propia, cando do que se trata é dun asasinato sen escrúpulos enmarcado na estratexia de eliminación dos e das militantes e do seu apoio social, así como da creación do “medo”.
No informe Country Reports on Human Rights Practices for 2014 sobre Dereitos Humanos na India, o Departamento de Estado dos Estados Unidos define estes “encontros” da seguinte maneira:
“As “mortes en encontros” é un termo empregado para describir a execución extraxudicial de presuntos delincuentes ou insurxentes polas forzas de seguridade e a policía, ocorridos en áreas de conflito.”
O Departamento de Estado estadounidense deixa moi claro o que, tanto as organizacións de dereitos humanos como os maoístas, teñen denunciado reiteradamente como “falsos encontros”. Esta práctica xenocida por parte do Estado pretende lexitimar o xenocidio, buscando dar a imaxe de que está a librar unha guerra xusta contra terroristas e antinacionalistas.
A matanza de 39 maoístas polas forzas especiais do goberno fascista hinduista de Primeiro Ministro Modi os días 22 e 23 de abril de 2018, confirma o plan xenocida dun goberno que se agocha baixo o manto da Operación “Caceria Verde” para exterminar a guerrilla maoísta e exercer a violencia de estado contra aquelas persoas que non aceptan unha sociedade divida en clases, en castas e sometida baixo o patriarcado.
*Antropólogo social e sindicalista.

No comments:
Post a Comment