Sunday, November 30, 2014

Galiza Ocupaciones y lucha contra la repression

GALIZA: O 29N ocupamos o Obradoiro. Un artigo do compañeiro Noel Dopazo (Sermos Galiza)






Despois de meses de traballo, chega o día. Este sábado 29 de Novembro as Marchas da Dignidade manifestaranse en cinco columnas polas rúas de Compostela ata confluir no Obradoiro ás 12:00h, co obxectivo de realizaren unha das máis importantes mobilizacións dos últimos anos.


"Este sábado 29 de Novembro as Marchas da Dignidade manifestaranse en cinco columnas polas rúas de Compostela ata confluir no Obradoiro ás 12:00h"

A meta é ambiciosa. A idea de ocupar en manifestacións a Praza do Obradoiro non se plantexa dende aquelas mobilizacións do 'Nunca Máis' que no 2003 axitaron Galiza e o Estado, ou dende que no 2011 as e os indignados tomaran as Prazas.

O noso lema é moi sinxelo: Pan, Traballo e Teito para todas e todos! Pero só é unha forma de resumir o que buscamos dende a Plataforma. As Marchas da Dignidade engloban todas as loitas que comezan a xurdir e a cobrar forza dende o comezo da crise. Stop Desafiuzamentos, o movemento feminista e LGTBI, as Mareas pola Educación e Sanidade Públicas, as protestas contra o TTIP ou contra a precariedade laboral xeralizada e o exilio da mocidade, son só algúns exemplos.


"O noso lema é moi sinxelo: Pan, Traballo e Teito para todas e todos! Pero só é unha forma de resumir o que buscamos dende a Plataforma".

Este movemento está demostrando ser a base da protesta social que precisamos, tanto pola súa forza como pola unidade que promove (forzas políticas como AGE ou Podemos, sindicatos coma a CUT ou o SLG, organizacións estudantís, asociacións, asembleas...). Isto é fundamental, xa que non pode haber cambio político-social sen unha mobilización forte nas rúas e sen un tecido social capaz de facer escoitar as súas exixiencias e reivindicacións. A vía electoral non é suficiente, estamos preto de dar un golpe decisivo ao Réxime do '78, temos que facelo ben.

Dende as Marchas da Dignidade facemos un chamamento á participación este sábado, pero tamén a implicarse nas mesmas. Só unindo loitas e sumando as nosas forzas poderemos botar a aqueles que nos venden aos mercados, a aqueles que nos fan pasar fame e nos botan da casa, a aqueles que nos deixan sen bolsas para estudar e que nos obrigan a exiliarnos ao estranxeiro, a aqueles que ignoran as demandas do pobo e queren controlar o corpo das mulleres, aos dos aramados en Melilla, a aqueles que defenden este sistema podre.


"Dende as Marchas da Dignidade facemos un chamamento á participación este sábado, pero tamén a implicarse nas mesmas"

A través do medo, queren que agochemos a cabeza mentras eles destrúen todo o que nos importa e nos rouban todo o que necesitamos, mentres nos avasalan. Queren quitarnos a nosa dignidade! Nós, nun berro colectivo de rabia, deixamos claro que non pensamos dar nin un paso atrás, todo o contrario, estamos aquí, unidas e unidos, para conquistalo todo, para vencer.

Porque o pobo unido xamais será vencido!

GALIZA: Concentración en A Coruña en solidariedade coas presas e presos políticos.




No comments:

Post a Comment