Temos coñecido que a Europarlamentaria de Alternativa Galega de
Esquerda, Lidia Senra, ten presentado, na sede parlamentaria, unha
pregunta a Comisión Europea sobre a situación do profesor GN Saibaba e a
postura da UE sobre estes feitos, así como no acoso a coñecida
escritora Arundhati Roy.
Dende o Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India agradecemos é coidamos moi positiva a actitude internacionalista da representante de AGE en Bruselas.
O seguinte texto esta tomado do face oficial da Eurodiputada Lidia Senra:
Esta semana AGEe rexistrou unha pregunta parlamentaria cuestionando á UE sobre as características das súas alianzas comerciales con países empobrecidos. O Goberno Indio, co que a UE mantén distintos acordos comerciais, está a levar adiante dende 2009 unha operación militar e paramilitar denominada Cacería Verde a través da cal está a expulsar e recluir en campos de concentración a poboacións tribais orixinarias de Estados con importantes recursos naturais. As multinacionais calculan que obterían máis de 80 millóns de euros de beneficio se poideran explotar -sen ser molestados pola poboación-, todas estas fontes de auga e recursos naturais.

O Dr.
GN Saibaba, activista internacional pro deritos humáns, profesor na
Universidade de Ram Lal Anand (Delhi), defendeu publicamente os dereitos
humáns de dalits e adivasis e participou nunha campaña de
sensibilización contra a operación Green Hunt. Padece unha discapacidade
física do 90% que o mantén en cadeira de rodas mais, inda que pareza
absurdo, acúsaselle de "temido maoísta". En 2014-2015 foi encarcelado
durante 14 meses sen que se aportasen probas na súa contra. En liberdade
provisional baixo fianza dende maio 2015 debido ao seu dramático
deterioro en prisión (parálisis en man esquerda, graves danos no
corazón, columna e riles), en decembro o Tribunal Superior de Bombay
voltouno encarcelar, ao tempo que abríu un proceso contra a afamada
escritora india Arundhati Roy por ter escribito o artigo "Profesor,
prisioneiro" (Outlook Magazine, maio 2015). A case completa parálisis do
Dr. GN Saibaba incrementa as consecuencias das durísimas condicións de
incomunicación ás que está sometido. Actualmente témese pola súa vida.
Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa preguntamos á Comisión se considera que o Goberno indio está cumplindo a condición de respecto aos dereitos humáns e promoción da paz establecida no Acordo de Cooperación Estratéxica UE-India e no Plan de Acción Conxunta; e tamén queremos saber se dende a UE se baralla solicitar ao Gobierno indio información sobre o caso do Dr. Saibaba e a Sra. Roy.

No comments:
Post a Comment