Thursday, November 3, 2011

Galiza: Comunicado do CLP "Manolo Bello" diante as eleccions burguesas do 20 N


jueves 3 de noviembre de 2011

Galiza: Comunicado do CLP "Manolo Bello" diante as eleccions burguesas do 20 N


Declaración


«Decidir unha vez cada certo tempo que membro da clase dominante debe oprimir, esmagar, ao pobo no parlamento; velaquí a verdadeira esencia do parlamentarismo burgués, non só nas monarquías parlamentarias constitucionais, senón tamén nas repúblicas máis democráticas»
V.I. Lenin.

"Cando o pobo está oprimido, cando xa non queda máis que a si mesmo, sería un covarde quíen non lle dixese que se levantase. Cando as leis foron violadas, cando o despotismo chegou ao límite, cando se pisa a boa fe e o pudor, entón o pobo ha de rebelarse. Chegou o momento."
M. Robespierre.


O próximo 20 de novembro haberán eleccións xerais no Estado español. No medio da gran crise económica mundial a burguesía española, e as súas socias catalá, vasca e galega, tratan por todos os medios aplicar "axustes" nas xa minguadas arcas dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Insaciables vampiros do sangue popular.

Coa complicidade de partiduchos de falsa esquerda, sindicatos amarelos e un poderoso bombardeo dos "mass media" preténdese presentar este novo circo como "unha loita contra a dereita" para motivar  á participación do pobo.

A realidade é que nas mesmas, a clase obreira e o pobo traballador non gaña nada, como moito uns arribistas, reformistas e vende-obreiros uns curúles para xustificar que a súa "minoría" lles impide facer cambios en favor dos traballadores e traballadoras.

As eleccións no actual marco de ditadura democrática da burguesía, só serven para a súa lexitimación e nada resolveran ao pobo, é por isto que o seu boicot ten que ser o obxectivo das organizacións revolucionarias desde fóra do sistema ou en candidaturas que denuncien a farsa electoral e logo retírense.

O momento actual require manter as mobilizacións populares, a denuncia  radical e permanente dos bancos, dos seus xestores e do capitalismo como sistema de explotación depredador.
Baixo ningún concepto aceptar, unha tregua electoral nas mobilizacións e boicotear audazmente os mitins dos partidos burgueses e reformistas, que teñan que suspender os actos ou realizalos custodiados. A rebelión, xustifícase !


NO CAMIÑO DA REVOLUCIÓN SOCIALISTA. !

SALVO O PODER TODO É ILUSIÓN !


Galiza,  novembro do 2011

Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

No comments:

Post a Comment