correovermello-noticias
A Coruña, 15.10.15
No Obelisco, emblematico centro desta cidade galega, tivo lugar onte unha concentración de perto de medio centenar de persoas convocados polas redes sociais para amosar sua solidariedade co pobo kurdo e as organizacion revolucionarias na Turquía.
"Estado turco, fascista e asasino" "Solidariedade co pobo kurdo" e "Erdogan asasino" foron algunhas das consignas que puderon-se escoitar en apoio dos pobos do Kurdistán norte e da Turquía e de condea a brutal matanza do pasado día 10 de octubro na capital turca cando duas bombas mataron a máis dun centenar de persoas e deixaron feridas a máis de duascentas cando concentrabanse para participar nunha marcha pola paz, convocada por organizacions sindicais e profesionais.
Turquía baixo o rexime do islamista Erdogan esta-se a converter nunha base de fascistas e terroristas islamicos, coma a chamada banda criminal ISIS, e peza chave da estratexia imperialista da OTAN no medio oriente.
Ao remate da concetración dous compañeiros falaron da importancia de visibilizar este feitos, entre a poboacion galega, diante o silencio, complice, dos medias informativos e do Estado español.
No comments:
Post a Comment