Trabajadores de Aluminios Cortizo denuncian situaciones esclavistas en la empresa
- Trabajan de lunes a domingo.
- Libran solo un fin de semana al mes.
- Amenazas de despidos.
- Denuncian situaciones esclavistas. Con razón:
Traballadores de Aluminios Cortizo denuncian situacións “escravistas” na empresa
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com
Aseguran
que teñen que traballar sábados e domingos e só libran unha fin de
semana ao mes e que os teñen ameazados con despidos senón fan o que
piden os encargados.
Por Galicia Confidencial
Traballar sábados e domingos, ameazas de despidos ou librar unha fin de
semana ao mes son as condicións ás que se teñen que enfrontar os traballadores de Aluminios Cortizo. Unha situación que eles mesmos cualifican de “escravista”.
Así, en declaracións a Galicia Confidencial, un grupo de traballadores critica que algúns deles traballan días de máis, sábados e domingos “cobrando pouco máis”, e con só unha fin de semana libre ao mes. “Fannos traballar 7 días seguidos (56horas) en cada quenda sin descanso”, denuncian.
No departamento de Embalaxe din que se mudaron as quendas “ao antollo do encargado”
facendo traballar a algúns traballadores ata 14 días sen descanso.
“Tamén nos piden que fagamos horas incluso nos días libres, e sancións
económicas ou horas gratis por chegar algo tarde ou traballar sin casco
ou zapatos de seguridade”, suliñan.
“Traballo gratis” a fin de semana?
No departamento de Prensas soen parar algunhas quendas no fin de semana
para limpar, e incluso durante dous fins de semana tiveron aos
traballadores pintando para “poñer todo bonito para unha visita
importante”. “Entendemos que eso non son necesidades de produción, senón
que teñen a xente traballando practicamente gratis nos fins de semana”,
indican en declaracións a GC.
Segundo critican son continuas, tamén, as ameazas e castigos,
e incluso algún despido de vez en cando. Así, suliñan que despediron,
por exemplo, a un matriceiro por negarse a facer horas. O obxectivo é
“ter amedrentados ao resto dos traballadores”.
Críticas ao comité de empresa
No departamento de Anodizados din que non lles permiten o tempo de
descanso se o traballo non está como queren os encargados. “Sofren
castigos de horas gratis, cambianlles días da semana por sábados cando
hai menos traballo, e cando hai máis fanlles, mesmo, dobrar quenda.
Tamén teñen unha sección que estivo durante case dous anos a 4 quendas”,
denuncian.
Sobre as horas extras din que non se pagan como tales, senón como
produción, e moi por debaixo do seu valor real, “e ata hai moi pouco
pagábanse en negro”. “Todo isto co total consentimento do comité de
empresa, que firma todo o que a empresa lles manda e ás costas dos seus
compañeiros”, aseguran. Por iso, din que é “unha total anomalía por
parte de UXT e da empresa que se presente un só sindicato as eleccións, e
que cando xurde un posible candidato acabe despedido”.
---------
No comments:
Post a Comment