Ao pobo
traballador galego:
A decisión
soberana da maioría do Parlament de Catalunya de convocar un referendo de
autodeterminación para o vindeiro 1º de outubro, foi respostada coa
represión polo Estado da oligarquía española.
A
suspensión, de facto, da autonomía de Catalunya, coa intervención das
administracións e a detención de responsables políticos, é o primeiro paso para
unha represión xeneralizada tanto na Catalunya rebelde coma contra os demais
pobos do Estado español.
Non nos sorprende! esa é a única reposta que coñece unha burguesía reaccionaria e fascista, herdeira directa da ditadura franquista no réxime da restauración borbónica de 1978.
Mais esta
vez, fixeron mal o calculo, pois descoñecen, nesta nova realidade concreta do século
XXI, o poder dun pobo decidido a tomar nas súas mans o seu destino. Onde hai
opresión, sempre haberá rebelión, esta é a ciencia da Revolución.
Somos tamén plenamente conscientes que o proceso político de liberación nacional en Catalunya esta a ser levado pola mesma burguesía, opresora e corrupta, que no seu momento formou parte do bloque da oligarquía que avalou a fascista restauración borbónica imposta por Franco. Esa mesma burguesía agora enfrontada aos sectores mais recalcitrantes da burguesía española en contradición antagónica. A mesma que, por isto, precisa dunha alianza coa pequena-burguesía radical de ERC e sectores obreiros das CUP, de tendencia asamblearista e anticapitalista, para lograr un novo espazo político en forma de República, recollendo o sentimento patriótico da maioría do pobo catalán.
Tamén somos conscientes que o proletariado no conxunto do Estado Español e nas nacións oprimidas, carecen de partidos comunistas revolucionarios fortes, capaces de encabezar o proceso. Así que atopámonos diante dunha etapa na que son a burguesía e a pequena-burguesía democráticas ás hexemónicas.
O traballo dos comunistas, tense que artellar nestas circunstancias na necesaria construción partidaria en torno a unha liña revolucionaria e a ideoloxía revolucionaria do proletariado; o Marxismo-Leninismo-Maoísmo. Único garante para a construción dos tres elementos básicos da revolución: O Partido, A Fronte Única e o Exercito Popular.
Sen eles
nada terán as masas!
Paralelamente a isto, temos que denunciar aos renegados revisionistas que chamándose falsamente “comunistas” alíanse unha vez mais coa oligarquía do réxime monarco-fascista berrando pola "unidade da España", renegando do dito por Marx: ”O pobo que oprime a outros pobos non pode ser libre”.
Este ano estamos a celebrar o 50 aniversario do levantamento popular de Naxalbari na India e o centenario da Gran Revolución Socialista de Outubro guiada por Lenin e os bolcheviques na Rusia.
Son as súas
bandeiras vermellas, as súas ricas experiencias, as que deben de guiarnos !
O réxime
monarco-fascista esta ferido de morte! Todos e todas debemos de ser conscientes
de isto e actuar en consecuencia.
Dende o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza queremos amosar toda a nosa solidariedade internacionalista e de clase co pobo traballador catalán na súa loita pola liberación nacional.
Facemos un chamado ao noso pobo traballador a erguer a bandeira vermella do internacionalismo proletario e defender ao noso pobo irmán contra a represión fascista.
Pola folga
xeral revolucionaria que paralice a represión ata a liberación nacional!
Guerra Popular
ata o Comunismo!
Pola
República Popular de Catalunya!
Pola
República Popular da Galiza!
Fascismo
nunca mais!
Galiza, 25
de setembro do 2017
Comité de
Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza
No comments:
Post a Comment