“Coñece ao teu inimigo”: Non á mina de Touro-O Pino
Adolfo Naya*
Dicía Sun Tzu na Arte da Guerra: "Se vostede coñece ao inimigo e se coñece a si mesmo, non precisa temer o resultado de cen batallas. Se vostede se coñece, pero non coñece ao inimigo, para cada vitoria sufrirá tamén unha derrota. Se vostede non coñece nin ao inimigo nin a si mesmo, perderá todas as batallas."
Pode parecer que estou empregando unha linguaxe bélica, pero cando nos enfrontamos a unhas clases explotadoras, que teñen moi claro que estamos nunha guerra de clases, é bo saber cal é o noso inimigo e estar preparadas para a loita. En palabras de Warren Buffet: "Claro que hai unha loita de clases, pero é a miña clase, a clase dos ricos, a que está facendo esa guerra. E nós estamos gañando.”
Estes son algúns dos “criminais” e “sicarios” que xa están poñendo as súas mans manchadas de sangue na nosa terra. Unha das cousas que a estes delincuentes no lles gusta, é que sexan coñecidos e que se fale deles, por iso este artigoUn dos “criminais de luva branca” que pretenden explotar a mina de Touro-O Pino é Francisco García Paramés, un ferrolán coñecido como o “Warren Buffet español” que investiu en Atalaya Minning uns 2,68 millóns de euros a través dos fondos de investimento de Cobas Asset Magament, facéndose co 3’97 % de Atalaya Minning. O “criminal” Francisco García declarou á revista Rankia: "el precio del cobre tiene buenas perspectivas, pues estimamos que las necesidades mundiales futuras de cobre no pueden ser satisfechas con las minas que están operativas actualmente". Tamén explicou a esa revista que coñecía "desde hace años" ao “sicario” de Atalaya, Alberto Lavandeira. Outro “sicario” é José Nicolás Sierra Lopez que foi Director Xeral de Minas do Ministerio de Industria durante a ditadura e que despois continuou no goberno da UCD, así coma outros cargos até o 2002, cando ocupa un posto no Consello de administración de Atalaya.
Un dos “criminais de luva branca” que pretenden explotar a mina de Touro-O Pino é Francisco García Paramés, un ferrolán coñecido como o “Warren Buffet español” que investiu en Atalaya Minning uns 2,68 millóns de eurosO formidábel artigo de Ruben Rodríguez para Economía Digital titulado “Los señores de la minería de Galicia” fai un repaso aos “sicarios” que levan anos tentando roubar e destruír a nosa terra. Comezando polo magnífico currículo do “sicario” Lavandeira nas súas andanzas polo Congo para a multinacional Glencore; seguindo por Explotaciones Gallegas -a empresa aliada de Atalaya Mining no espolio de Touro- con Eva Gómez Portela -vinculada ás empresas da Gúrtel- e o seu irmán Francisco à fronte de Francisco Gómez y Cía. Todos relacionados con “sicarios” chamados enxeñeiros, como José Manuel Corbal Debén, Joaquín Eulalio Ruíz Mora, Marco Sosa, estes vinculados a Sacyr (mina de San Finx en Lousame).
Este artigo remata con outros “sicarios” chamados “expertos” como Felipe Macías - Catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela-, o cal dirixiu os traballos de restauración da antiga mina de Touro, e ao que agora Atalaya Mining encargou a análise das augas para a nova explotación. Este “sicario” traballou tamén facendo estudos para a mina de Corcoesto. O seu fillo Felipe Macías García traballa nunha consultaría ambiental do grupo Francisco Gómez. Outro deses expertos é Jordi Delgado -Catedrático de Enxeñeira da Universidade da Coruña-, que tamén traballou para Edgewater en Corcoesto, e para Atalaya en cuestión vinculadas cas condicións hidroquímicas e biolóxicas das augas na contorna da mina.
Pero non podemos esquecer que Atalaya Minning está formada por diversos fondos internacionais. Trafigura Beheer BV (22% do capital) e Yanggu Xiangguang Copper Co. Ltd (21,9%) son os seus primeiros accionistas, así como Orion Mine Finance (14,5%), Liberty Metals & Mining Holdings LLC (13,8%) e Majedie Asset Management Ltd (6%).
Á cabeza de Trafigura, con base en Holanda, está Jeremy Weir, un “criminal de luva branca”, xeólogo, banqueiro e home de negocios australiano. Especialista en derivados de produtos básicos, entre 1992 e 2000 traballou para o Banco de inversións pro sionista N M Rothschild. Despois integrouse en Trafigura como Director de derivados de metais, produtos estruturados e xestión de riscos, posteriormente foi Director de Trafigura Minning Group e finalmente Xefe Executivo de Trafigura no 2014.
En 2006 Trafigura cometeu unha das catástrofes medio ambientais máis grandes na África. Verteu de forma ilegal na costa de Costa de Marfil unha grande cantidade de residuos tóxicos, creados a bordo dun barco a través dun proceso coñecido como "lavado cáustico", usado por Trafigura para "limpar" un produto petrolífero extremadamente sulfuroso, pero barato, chamado nafta de coque. Máis de 100.000 persoas precisaron atención médica.
Outros dos ladróns da nosa terra é a empresa chinesa Yanggu Xiangguang Copper Co. Ltd. Á cabeza está o “criminal de luva branca” Liu Xuejing, modelo nacional de traballador, deputado do Congreso Nacional do Pobo e Director Xefe da multinacional MK Holdings, fundada en 1991 con sede central, base de produción e centro de investigación e desenvolvemento en Yanggu. Posúe tamén un centro comercial en Shanghai, un centro de loxística en Qingdao, un centro financeiro en Jinan, un centro de comercialización en Beijing e un centro de operacións de capital internacional en Hong Kong. Os seus principais negocios son o procesamento e venda de polos para KFC e McDonalds en China e no Sur de Ásia, a minería e os investimentos financeiros. Aínda haberá quen negue o carácter imperialista e a loita de clases na China dende a restauración capitalista logo do golpe de Estado contrarrevolucionario dirixido por Deng Xiaoping en 1976.
Estes son algúns dos “criminais” e “sicarios” que xa están poñendo as súas mans manchadas de sangue na nosa terra. Unha das cousas que a estes delincuentes no lles gusta, é que sexan coñecidos e que se fale deles, por iso este artigo.
Un xeito de aproveitar na súa contra a explotación e a miseria que eles xeran, e que fai que milleiros de fillas e fillos do pobo traballador galego teñan que emigrar, podería ser crear Comités Exteriores de Defensa da TerraNo Aikido, aprovéitase a enerxía do opoñente para a óptima defensa. Por exemplo, un xeito de aproveitar na súa contra a explotación e a miseria que eles xeran, e que fai que milleiros de fillas e fillos do pobo traballador galego teñan que emigrar, podería ser crear Comités Exteriores de Defensa da Terra. Isto permitiría facer campañas onde estes delincuentes operan, sexa Londres, Amsterdam, Xenebra, Lucerna ou Toronto, denunciando as súas practicas e quen son realmente. Ou, por suposto, aliarse con outros pobos que sofren o mesmo ca nós, como xa está a facer de xeito magnífico a rede ContraMINAcción.
Non podemos esquecer que esta é unha loita que forma parte inseparábel do combate a escala mundial polo dereito dos pobos sobre os seus propios recursos, a súa auga, os seus bosques e a súa terra. É nós, as clases explotadas e os pobos oprimidos, imos vencer!
*Antropologo social e antigo sindicalista da CIG.
No comments:
Post a Comment