Monday, August 3, 2020

Afganistán: Documentos revelan que as forzas especiais británicas asasinaron decenas de civís 3/08/2020 AFGANISTÁN. Documentos filtrados revelan que as forzas especiais británicas asasinaron a decenas de civís





A enésima barbarie cometida por soldados occidentais en Afganistán coñeceuse grazas á filtración de documentos xudiciais, o que provocou unha polémica no Reino Unido.
O mencionado atentado contra os dereitos humanos xira ao redor dunha unidade do SAS (Special Air Service, nas súas siglas en inglés), o servizo aéreo especial, un corpo das forzas especiais do Exército británico para levar a cabo misións secretas nocturnas.
Ao parecer, estas misións secretas concluíron coa execución de varias decenas de civís afgáns a principios de 2011.
Foi «The Sunday Times» que tivo acceso aos reveladores documentos. Estes, forman parte dunha investigación que leva un Alto Tribunal británico polo asasinato de catro homes dunha mesma familia no Afganistán e que provocou que un xuíz esixise unha explicación a Ben Wallace, o secretario de defensa do Reino Unido.
Todo parece indicar que unha serie de correos electrónicos que trocaron altos oficiais das forzas especiais do SAS revelan grande preocupación polos asasinatos de 33 persoas en once batidas nocturnas, na mesma aldea do Afganistán, durante un período de tres meses no ano 2011.
Un sarxento maior do SAS, que participou nas misións e que non foi identificado, describiu o episodio como «O último masacre!», nun correo electrónico enviado á mañá seguinte de os soldados regresaren á base militar. «Escoitei un par de boatos», respondeu noutro correo. Os correos suxiren a implementación de «unha política deliberada» entre a unidade do SAS «para comprometerse e matar homes en idade de loitar mesmo cando non representan unha ameaza».
Agora toca ao ministro da Defensa explicar ante o Alto Tribunal por qué o Goberno británico mantivo oculta a información de que os soldados de SAS asasinaran civís durante operacións secretas.
Wallace ten de prazo até o outono para explicar por qué os documentos non foron revelados previamente no caso de Saifullah Ghareb Yar, un mozo afgán de 20 anos, cuxa familia foi asasinada supostamente por soldados deste escuadrón cando estaba na súa casa.
Por suposto, canto cinismo!, esa e outros masacres, os exércitos occidentais sempre as levan a cabo en nome de a»democracia» e os «dereitos humanos».

No comments:

Post a Comment