Comunicado
Con
grande pesar e indignación revolucionaria temos coñecido os criminais atentados
cometidos por supostos membros do Estado islámico, en diversos distritos da
cidade de París.
¡Os
condeamos enerxicamente!
Co
mesmo pesar e indignación vemos e denunciamos como esta traxedia é
instrumentalizada polo Estado francés para, non so estender medidas policiais de
excepción que recortan dereitos básicos, como para preparar unha intervención
militar xeneralizada da OTAN en Siria.
O
cheiro a provocación criminal destes feitos, nun contexto de grande tensión no
Medio Oriente, indican que o bloque militarista da OTAN, co respaldo dos sionistas e a clique feudal
saudí, non cesa no seu empeño de destruír o Estado sirio e a súa vez esmagar as
novas forzas revolucionarias na Rojava.
O
fascista Estado turco, no medio dunha grande represión contra seu pobo e no
Kurdistan norte, como membro da clique belicista da OTAN, prepararse para a
invasión, ata agora freada pola intervención dos imperialistas rusos en apoio
dos seus aliados.
A
única forza capaz de deter estes sinistros plans, son os pobos opoñéndose
firmemente, audazmente, a guerra, nos países imperialistas e no Medio Oriente
coa Guerra Popular Revolucionaria. Unha autentica onda de revolucións que
afogue, dun extremo a outro, aos imperialistas e os reaccionarios locais, nun
mar de masas armadas, guiadas polo marxismo-leninismo-maoísmo, facendo parte da
Grande Revolución Proletaria Mundial.
Transmitimos nosa solidaridade e
apoio aos nosos camaradas do Bloc Rouge (Unificación dos maoístas) e a noso pobo
da Galiza facemos un chamamento a mobilización baixo a consigna de:
¡GUERRA POPULAR A GUERRA
IMPERIALISTA!
Galiza, 15 de novembro do
2015
Comité de Construción do Partido
Comunista maoísta da Galiza
No comments:
Post a Comment