Erguer un poderoso movemento popular
contra a guerra imperialista !
Á clase obreira e ao pobo traballador galego:
Irmáns e irmás; as potencias imperialistas principais, EE.UU. e
Rusia, e as súas potencias satélites, entre elas o Estado español,
apréstanse para unha nova guerra imperialista xeneralizada por motivos
da rapina nas fontes enerxéticas de Oriente Medio, como para destruír
unha parte das forzas produtivas xeradas polo capital, como medio para
saír dunha crise económica que converteuse en permanente.
A guerra en Siria, instigada pola banda terrorista da OTAN co
respaldo do Estado sionista, de Turquía, Arabia Saudita e Qatar ten polo
obxectivo destruír o Estado sirio, do mesmo xeito que en Iraq ou Libia,
para convertelo nunha marioneta nas mans das multinacionais
petroleiras. Para facer un reparto do seu territorio que beneficie ao
estado sionista de Israel e as súas ansias expansionistas.
O grupo Estado Islámico, nado da man dos EE.UU. e do réxime
fascista islamita que goberna na Turquía, non é mais que unha banda de
mercenarios armados ao servizo dos sionistas e da banda terrorista da
OTAN. Os auténticos responsables destes sanguentos atentados son as
potencias que lles deron as armas, e o adestramento, nunha criminal
estratexia de guerra de baixa intensidade.
A par destas covardes accións, os Estados burgueses da UE
apréstanse a recortar, aínda máis, os dereitos democráticos básicos dos
pobos, das traballadoras e traballadores, coma o de manifestación,
expresión, baixo a pretexto da “seguridade”.
Temos que poñernos en pé! Rexeitando enerxicamente as súas medidas
represivas e denunciando o seu escuro e real propósito, que non é outro
que a feroz ditadura fascista sobre a clase obreira e o pobo
traballador. A declaración de guerra é contra as masas en todo o mundo!
Temos que erguer un poderoso movemento contra a guerra imperialista
que sexa capaz de paralizar os seus sinistros plans de guerra e
opresión!
Só a Revolución Socialista poderá rematar coa opresión e as
guerras de rapina imperialista no mundo. Nesta cuestión non cabe dúbida
ou discusión, ou a Revolución impide a guerra ou a guerra terá que
convertese en Revolución.
Temos que estar alerta contra os falsos discursos do pacifismo
burgués, que nas palabras rexeitan as “armas e as guerras” e nos feitos,
apoian a explotación e a opresión doutros pobos.
En cada barrio, vila ou cidade é fundamental mobilizar as
masas, creando estruturas colectivas, capaces de facer fronte a
xenofobia e ao racismo do discurso neo-fascista do medo, que destilan
desde o mass media da burguesía imperialista. E un deber de todas as
organizacións políticas ou de masas, da esquerda e progresista,
participar nesta tarefa dun xeito aberto e buscando a maior unidade
posíbel.
Todas e todos, contra a Guerra Imperialista no Oriente Medio ou calquera parte do mundo!
Contra a Guerra Imperialista, Guerra Popular !
Galiza, novembro do 2015
Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza.
No comments:
Post a Comment