Postado por Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India
INDIA: Palabras de Azadi (crónicas dende a India.1) India é vermella, pero pola sangue dos mortos a consecuencia dun goberno inepto.
Un día de maio, calquera día desde que o inferno se desatou en forma de pandemia incontrolada porque o goberno de India teña outras prioridades que un virus que, aparentemente non afectaba ao país, aínda que houbera un informe datado en novembro do 2020 que avisaba do cru que seria a chamada segunda onda e o cal ignorouse porque non encaixaba nos plans do goberno.
No informe se avisaba da falla de camas e á fala de oxíxeno.
https://www.newslaundry.com/2021/04/28/mps-panel-predicted-second-covid-wave-in-november
Esta chamada segunda onda, está sendo fatal para unha poboación xa gravemente afectada tra la chamada primeira onda debido a un confinamento imposto con só unha xanela de catro horas e que, afectou de cheo aos chamados temporeiros que quedaron sos e sen medio de subsistencia, sen axudas… ata que a presión popular fixo reaccionar aos diferentes gobernos, pois foi a sociedade civil a que creou cadeas de axuda de todo tipo para tratar de aliviar aos afectados.
India 2020. Enriba, móstranse as tumbas de aqueles que morreron debido á
pandemia. Na parte inferior, os mortos debido á pobreza.
https://www.bbc.com/news/world-asia-india-52086274
Ademais, a chamada primeira onda empregouse para culpabilizar aos musulmáns
no só da pandemia se non da súa expansión.
O mencionado informe foi ignorado porque había eleccións á volta da esquina
en cinco estados, nos cales o goberno estaba interesado só en gañar a calquera
prezo e dando igual si había xente asasinada por pertencer a unha minoría ou
asasinada por un virus que o partido no goberno propagaba a través de mitins
políticos multitudinarios.
O home da foto é o ministro do Interior:
Amit Shah e a foto pertence a un dos mitins políticos organizados polo
partido do goberno no estado de West Bengal (un dos seus principais
obxectivos).
Ademais, o goberno decidiuse adiantar, avisado polos astrólogos, o maior
festival relixioso da India porque o ano que ven que é cando tiña que celebrarse, os
astros non serían favorables.
"Adiantouse" un ano, 2021, porque as
"configuracións astrolóxicas" do "Sol entrando en Aries" e
"Xúpiter entrando en Acuario" se daban en 2021. Isto sucede unha vez
cada 83 anos, e debese á necesidade de conciliar as cartas de configuración
astrolóxica co calendario de uso regular.
O festival , que empezou en xaneiro, rematou o pasado mes de abril en
Haridwar (Uttarakhand) e, aínda que se anunciou o incríbel incremento de
afectados polo virus, o festival non só non se suspendeu, se non que se
permitiu que miles de persoas ( entre 900 mil e dous millóns )se bañaran no río
Ganges pola súa salvación nos días mas importantes.
Á par que as campañas políticas e os festivais relixiosos, o modo de
gobernar mantívose e mantense estilo hindutva é dicir: arresto de disidentes,
encarceramento de estudantes, periodistas, profesores…máis aqueles que difundan
nas redes sociais chamadas de auxilio pedindo camas, oxixeno, medicamentos ou
simplemente denuncien á realidade….
Hoxe na India, os berros pola vida confúndense no aire con ós lamentos
polos mortos e o fume das piras funerarias é o nexo entre tanta desesperación.
É por iso que:
No comments:
Post a Comment