O feminismo galego sae á rúa. Coñece todas as mobilizacións convocadas para este 8-M
As organizacións feministas da Galiza convocan a poboación a encher as rúas do país para reivindicar a igualdade.
Miles de galegas saen ás rúas esta cuarta feira para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres co gallo do 8-M. Os Centros de Información á Muller (CIM) e a Marcha Mundial das Mulleres (MMM) son algunhas das organizacións que chaman a cidadanía galega a saír á rúa e a manifestarse nas rúas.
Entre as súas reivindicacións reclaman "melloras nas condicións laborais e salariais" das mulleres e denuncian "a precariedade que padecen as traballadoras e o deterioro das súas condicións de vida pola inflación".
Por estes motivos, estas organizacións piden á cidadanía que defendan e reclamen os dereitos das mulleres este 8-M nas rúas das vilas e cidades galegas. Ademais, moitas destas organizacións preparan diferentes actividades que fomentan o feminismo entre as persoas máis novas, alén das concentracións e manifestacións que se convocan diferentes concellos galegos.
Eis a lista das manifestacións e concentracións que, durante a mañá organiza a CIG, único sindicato que convoca as súas propias concentracións:
• A Coruña 11.30 horas (Subdelegación do Goberno)
• A Mariña: 11 horas (concello de Burela)
• Lugo: 12 horas (edificio da Xunta)
• Compostela: 12 horas (praza Roxa)
• Ferrol: 12 horas (local CIG –Avda. de Esteiro)
• As Pontes: 12 horas (praza do Hospital)
• Pontevedra: 12 horas (Edificio Sindical)
• Vilagarcía: 12 horas (Auditorio)
• Vigo: 11.30 horas (cruce da Dobrada)
• Cangas: 12 horas (estación de autobuses)
• A Guarda: 12 horas (praza As de Copas)
• Ourense: 12 horas (edificio da Xunta –Avda. da Habana)
Ademais, o movemento feminista galego convoca tamén mobilizacións pola tarde:
• A Coruña, 20 horas, Obelisco
• As Pontes, 20.30 horas, saída do concello
• Allariz, 20 horas. praza do Concello
• Betanzos, 20 horas. detrás do palco da música
• Cee, 20 horas. praza 8 de Marzo
• Compostela, 20 horas. praza 8 de Marzo
• Ferrol, 20 horas. praza Amada García
• Lugo, 20 horas. Multiusos da Xunta
• Noia, 12 horas. diante do concello
• O Porriño, 20 horas. diante do concello
• Ourense, 12.30 horas. praza Maior e ás 20h. manifestación Subdelegación
• Ponteceso, 20 horas, saída do IES Eduardo Pondal
• Pontevedra, 20 horas, praza de Ourense
• Ribadavia, 20.30 horas. praza Maior
• Ribadeo, 20 horas. aparcadoiro público na rotonda do instituto
• Val Miñor, 12.30 horas. no cruce da Ramallosa
• Verín, 12 horas. praza do Concello
• Vigo, 20 horas. praza dos Cabalos
• Vila de Cruces, 20.30 horas. praza do Concello
• Vilalba, 20 horas. praza da Constitución
No comments:
Post a Comment