Nacional o estranxeira, a mesma clase obreira!. Un artigo do camarada Miguel Alonso.
Cartaz maoista chama ao boycot nas eleccions no Nepal.
Nacional ou estranxeira, a mesma clase obreira!
Miguel Alonso.
Este días ponse en toda a súa evidencia o
profundo dano causado polo revisionismo e seus axentes no sindicalismo da clase
obreira dos diversos países europeos, incluída Galiza.
O revisionismo sempre ten privilexiado as súas
relacións con esa fracción reformista da clase obreira que é a chamada
“aristocracia obreira”. Esa fracción que por ter bos soldos considerase
diferente ou allea ao resto da clase obreira. Amosando unha grande e perigosa
insolidariedade moitos dos traballadores do sector naval, incluso no Ferrol,
secundaron as posicións anti-internacionalistas das seccións sindicais amarelas
de CC.OO. e UGT.
Negando o principio do Internacionalismo
Proletario, esa noxenta camarilla sindical inculca a empezoña do egoísmo,
da atomización da clase e promove activamente a xenofobia e mesmo o
fascismo. Nada queda dos traballadores que paraban as cadeas de produción dos
fabricantes de armamento nos anos 20. Non importa a cantos pobos masacran as
armas vendidas ao reino feudal, o que importa é un contrato de cinco fragatas!
Agora o problema son os inmigrantes que quitan
o traballo! E ninguén parece decatarse que a estes compañeiros de clase, moitos
de eles sen papeis, os contratan os empresarios para poderlles pagar soldos de
miseria. O mesmo que os galegos e galegas na Alemaña o en Suíza nos anos 60!
Xenofobia, racismo promovidos polos seguidores
do "America first", o novo discurso da burguesía imperialista e
aplaudido por rancios revisionistas como Anguita e Monereo. Eles afirman que é
para fortalecer o Estado.
O estado burgués e explotador Sr. Anguita?.
Ese personaxe enchese a boca de chamarse
“comunista”.Un “comunista” que rexeita a teoría do Estado de Marx nos seus
análises?. Un “comunista” que rexeita a revolución e a Ditadura do
Proletariado, como fiel seguidor do revisionismo de Santiago Carrillo ou de
Belinguer?
Ese é o caldo de cultivo de Unidos Podemos,
reformismo, revisionismo renuncia a revolución, son como tódolos partidos do
vello e corrupto réxime borbónico imposto polo criminal Franco.
A clase obreira carece de representación!
Agora eses partiduchos do sistema e mesmo
algúns que reclámanse como da esquerda extra parlamentaria, están a preparar o
vindeiro circo electoral municipal no Estado español e na Unión Europea.
Os maoístas e outras forzas consecuentes, o
mesmo que noutras partes do mundo como Brasil, Ecuador ou Canada, chamamos as masas a
non participar, ao boicot activo das mesmas, amosando cales son os verdadeiros
problemas do Pobo coa súa movilización.
Para isto teranse que crear comités de
loita para aglutinar a todas e todos os que compartimos esta posición,
incorporando a compañeiros e compañeiras sen papeis aos mesmos.
Nada vai cambiar nas eleccións, apenas as
mascaras nas que se esconden os parasitos e traficantes co sentir das
masas, da súa dor e sufrimentos.
Só o camiño da mobilización das masas, e a
formación dun autentico Partido Comunista, que asuma a ideoloxía científica do
Marxismo-Leninismo-Maoísmo pode, cos tres instrumentos, derrocar por medio das
armas a este réxime tiránico e varrer da faz da terra aos farsantes revisionistas
e seu empezoñado discurso reformista e xenófobo.
No comments:
Post a Comment