Friday, July 19, 2019

PUERTO RICO: Revolta popular contra o corrupto Gobernador.



Ricky Martin saluda a los manifestantes, junto a Residente, ex cantante de Calle 13 (AFP)
 Ricky Martin sauda aos manifestantes, xunto a Residente, ex cantante de Calle 13 (AFP)

correovermello-noticias
S. Juan, 18.07.19
Dende hai cinco días o pobo de Porto Rico leva masivas protestas esixindo a inmediata dimisión do Gobernador, Roberto Roselló, acusado de corrupción e de amosarse dun xeito inxurioso contra a comunidade gay nun chat.
As masivas manifestacions teñen concluido con fortes enfrontamento coa policía.
Hoxe milleiros de persoas, acompañados por coñecidos artistas de Hollywood e da cancion como Benicio del Toro ou Ricky Martin, teñen participado nunha grande movilizacion, polas rúas do vello San Juan.
Este ultimo dirixinidose aos manifestantes afirmou:  "se tiene que ir para el carajo para que no siga la corrupción y el lavado de dinero, ha insultado a la gente que trabaja para él y a todo Puerto Rico. Esto no se puede quedar así". En declaracions a cadena CBS, indicou que "ahora mismo tenemos una dictadura". O ex cantante de Calle 13 afirmou: "Se mofaron de nuestros cadáveres, se mofaron de la mujer, se mofaron de la comunidad LGBT, se mofaron de toda la isla y por eso estamos aquí hoy, porque estos supuestos líderes no nos representan".
Según comentaristas políticos, o Gobernador terá que dimitir pola situación creada pola súa corrupcion e as ofensas e burlas ao pobo. De non facelo siñalan correse o perigro dun estoupido social.
(Con información de AFP y EFE)

No comments:

Post a Comment