Saturday, August 10, 2019

GALIZA: Comunicado. ALTO AO XENOCIDIO EN CACHEMIRA E JAMMU!

 maoistroad supports and signs this declaration



Comunicado.
ALTO AO XENOCIDIO EN CACHEMIRA E JAMMU!
A decisión, do goberno integrista hindú de Narendra Modi, de suprimir o estatuto especial de autonomía na Cachemira e Jammu, vixente dende 1949 no artigo 370 da Constitución, representa un novo e grave paso do xenocidio, que sufre este pobo, de maioría musulmán, a mans das forzas de ocupación indians.
As ansias de independencia destes pobos, non poden ser esmagadas pola tiranía "azafrán" que impera na India, na que de cotián son asasinadas milleiros de persoas, polo simple feito de rebelarse contra a opresión mentras moitas outras, coma coñecidos intelectuais maoístas GN Saibaba, Varavara Rao ou a avogada Sudha Bharadwaj, permanecen nas cadeas do réxime opresor.
Diante destes feitos e contra a complicidade de silencio de outros, o noso Comité quere facer un enérxico chamado a denuncia da represión en Cachemira e Jammu e no conxunto da falsa “maior democracia do mundo” coma califícanse, sen rubor así mesmos, os imperialistas indios.
O pobo traballador galego, nación sen estado, e súas organizacións políticas e de masas, teñen que amosar seu repudio a esta dramtica situación que estan a vivir os pobos da India e hoxe, en particular, cos pobos da Cachemira e Jammu.
Solidariedade cos pobos da Cachemira e Jammu !

Polo Dereito de Autodeterminación dos Pobos !

Liberdade para o profesor GN Saibaba e demais presos políticos na India!

Adiante á Guerra Popular na India !
Galiza, agosto do 2019

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza

No comments:

Post a Comment