Monday, September 16, 2013

GALIZA: Comunicado do PCm da Galiza sobre a condea a cuatro independentistas galegos.


 
 
 
Desbotar as ilusións e prepararse para loitar.
Mao Tse-tung
 
Diante da condea a María Osorio, Antón Santos, Eduardo Vigo e Roberto Rodríguez acusados de facer parte da suposta organización clandestina Resistencia Galega manifestamos:
·        As desproporcionadas sentenzas de cadea impostas a estes mozos agachan a clara intencionalidade de meter medo á xuventude que se está a rebelar contra a opresión.
·        No actual momento político na Galiza e no Estado español, na que o roubo e a noxenta corrupción non se poden ocultar, dende sectores do Estado estase a erguer unha campaña de criminalización das protestas populares, ben por hostigamento, multas ou sentencias xudiciais coma desta moza e mozos galegos supostos membros dunha suposta organización independentista clandestina.
·        A sentenza é cuestionada por amplos sectores, mesmo da oposición burguesa, e calificada de “parcial e sobre- dimensionada”. O xuíz impediu as testemuñas da defensa e amosou unha parcialidade na que mesturáronse opinións con probas.
·       A  Audiencia Nacional é un tribunal ilexítimo, sucesor do tristemente celebre T.O.P franquista. É un novo e perigoso paso represivo.
 
Dende o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza amosamos a nosa solidariedade cos compañeiros e compañeiras represaliadas, súas familias e amigos e esiximos a inmediata posta en liberdade de todo-los presos e presas políticas que cumpren condeas nas cadeas do Estado español.
 
Galiza, 13 de setembro do 2013
 
Comité de Construción do 
Partido Comunista maoísta da Galiza 

No comments:

Post a Comment